Inicio
Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo
O Observatorio de Persoas Tituladas é un proxecto do Consello Social da Universidade de Vigo creado co propósito de que a universidade realice un seguimento das persoas tituladas e coordine todo o relativo ao antigo estudantado.
Configúrase como un observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo estudantado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral para dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.
Localizamos as persoas tituladas da UVigo
A partir dos diferentes Informes de inserción laboral o Observatorio de Persoas Tituladas conseguiu localizar moitos/as dos antigos estudantes da UVigo espallados polo mundo.
Grazas a que o Consello Social da UVigo ven apostando en analizar a situación profesional do antigo alumnado, a UVigo, a través do Observatorio, é a única universidade galega que conta con esta información.
Actualidade
U-Multirank atribúe nota máxima á UVigo en sete indicadores
Os estudos de inserción laboral realizados polo Observatorio de Persoas Tituladas permitiron que a UVigo contase con información actualizada sobre dous indicadores clasificados coa máxima puntuación
O Observatorio de Persoas Tituladas lanza un estudo sobre a inserción laboral da promoción 2018/2019
O Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo acaba de pór en marcha coa colaboración do Consello Social un novo estudo. Nesta ocasión, búscase … Continuar
Enquisas de inserción laboral curso 2018-2019
O Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo lanza as enquisas de inserción laboral á promoción de titulados/as que acabaron os seus estudos no curso 2018-19
A segunda onda da pandemia aumentou un 44% a carga de traballo das persoas tituladas da UVigo
Incrementouse a ocupación, baixou o desemprego e impúxose a presencialidade
18766 antigos estudantes da UVigo rexistrados na Base de Datos do Observatorio
A Base de Datos de Persoas Tituladas da UVigo alcanzou durante este ano os 18766 rexistros de antigos estudantes.
O Observatorio de Persoas Tituladas pon en marcha un novo estudo sobre o impacto laboral da pandemia
O Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, coa colaboración do Consello Social, acaba de pór en marcha un novo proceso de captación de … Continuar
Enquisa sobre o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nos antigos estudantes da UVigo
Desde o inicio da actual crise por Covid-19 no Observatorio estamos a realizar un seguimento do impacto laboral da pandemia nos antigos estudantes da UVigo. … Continuar
Comeza a recollida de datos para analizar o impacto laboral da segunda onda da pandemia
Abórdanse de maneira especial cuestións referidas ao teletraballo, os ERTE e a carga de traballo
Enquisa sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia de Covid-19 nos antigos estudantes da UVigo
Unha vez dados a coñecer os resultados da primeira enquisa coa presentación do Estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 … Continuar
O Observatorio de Persoas Tituladas analiza nun novo informe o impacto da primeira onda da pandemia no emprego do antigo alumnado
A través de case 600 páxinas, achega datos sobre taxas de ocupación e desemprego, teletraballo, ERTE