As persoas cun título de doutoramento teñen maior taxa de ocupación, tardan menos tempo en atopar traballo e teñen maiores ingresos

As egresadas e egresados da Universidade de Vigo que contan cun título de doutoramento tardan menos tempo en atopar traballo, teñen unha maior taxa de ocupación e tamén uns ingresos maiores. Así se desprende do Estudo de inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais de grao, mestrado e doutoramento da UVigo no curso 2020/2021 presentado este luns no edificio Redeiras. O informe foi realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas co apoio do Consello Social da UVigo durante o ano 2023 e recolle os resultados dunha enquisa na que participaron 800 egresados e egresadas nese curso nos tres niveis de estudos que se imparten na institución académica viguesa.

Os encargados de dar a coñecer as conclusións foron Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Luis Espada, director do Observatorio de Persoas Tituladas e Víctor M. Martínez Cacharrón, técnico/analista de datos do Observatorio de Persoas Tituladas.

Ler a noticia completa no DUVI