Inicio
Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo
O Observatorio de Persoas Tituladas é un proxecto do Consello Social da Universidade de Vigo creado co propósito de que a universidade realice un seguimento das persoas tituladas e coordine todo o relativo ao antigo estudantado.
Configúrase como un observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo estudantado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral para dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.
Localizamos as persoas tituladas da UVigo
A partir dos diferentes Informes de inserción laboral o Observatorio de Persoas Tituladas conseguiu localizar moitos/as dos antigos estudantes da UVigo espallados polo mundo.
Grazas a que o Consello Social da UVigo ven apostando en analizar a situación profesional do antigo alumnado, a UVigo, a través do Observatorio, é a única universidade galega que conta con esta información.
Actualidade
22125 antigos estudantes da UVigo rexistrados na Base de Datos do Observatorio
A Base de Datos de Persoas Tituladas da UVigo alcanzou os 22125 rexistros de antigos estudantes durante o ano 2023 A nosa Base de … Continuar
O 74% das persoas graduadas na UVigo no curso 2019/2020 está traballando
O 74% das persoas graduadas na Universidade de Vigo no curso 2019/20 está traballando e a inmensa maioría faino en Galicia, desenvolvendo funcións de nivel … Continuar
O Observatorio de Persoas Tituladas lanza unha enquisa para coñecer a situación laboral das persoas egresadas dos programas de doutoramento
Observatorio de Persoas Tituladas ten en marcha, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, unha nova enquisa sobre a empregabilidade e satisfacción cos estudos realizados … Continuar
Enquisas de inserción laboral de doutoramento 2020/2021
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, lanza a enquisa de inserción laboral aos antigos estudantes en estudos de doutoramento no curso 2020/2021
25588 persoas tituladas da UVigo en estudos de grao
A partir da información actualizada do Instituto Galego de Estatística o Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo descobre neste artigo o número de persoas tituladas … Continuar
O Observatorio de Persoas Tituladas lanza unha nova enquisa sobre empregabilidade
O Observatorio de Persoas Tituladas acaba de poñer en marcha, en colaboración co Consello Social da Universidade de Vigo, unha nova enquisa sobre a inserción … Continuar
Enquisas de inserción laboral curso 2020/2021
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, lanza as enquisas de inserción laboral á promoción de titulados/as que acabaron os seus estudos de grao e mestrado no curso 2020/2021
Análise comparativa dos fluxos da actividade económica durante o ano 2021 das persoas tituladas da UVigo e da poboación galega
O Observatorio de Persoas Tituladas aborda unha comparativa das transicións brutas entre as situacións de ocupación, desemprego e inactividade dos antigos estudantes da UVigo e … Continuar
Fontes de información sobre inserción laboral do informe UEC22 da CRUE
O pasado 11 de abril a Crue Universidades Españolas publicou unha nova edición do seu informe “La Universidad Española en Cifras” (UEC22) con informacións do … Continuar
20607 antigos estudantes da UVigo rexistrados na Base de Datos do Observatorio
A Base de Datos de Persoas Tituladas da UVigo alcanzou os 20607 rexistros de antigos estudantes durante o ano 2022