Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2021/2022

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso académico 2021/2022.

Este apartado recolle os principais resultados sobre o sexo e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de grao da UVigo no curso 2021/2022.

Sexo

A mostra avaliada é paritaria (59,5% de mulleres e 40,5% de homes), ao igual que a poboación (57,0% e 43,0%, respectivamente).

Lugar de residencia actual

A maioría de persoas tituladas (84,4%) reside actualmente en Galicia contra outras comunidades autónomas (12,9%) e o resto do mundo (3,0%).

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Ramas de coñecemento

Predominan as persoas tituladas en estudos de grao nas ramas Xurídico-Social (42,4%) e Tecnolóxica (25,4%), seguidas por Artes e Humanidades (14,0%), Científica (11,2%) e en Ciencias da Saúde (6,9%).

Ramas de coñecemento segundo o sexo

Estudos de grao realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos

Titulación adicional

O 3,2% de graduados/as no curso 2021/2022 ten outra titulación universitaria de grao ou de ciclos extinguidos, sen diferenzas significativas entre mulleres (3,1%) e homes (3,2%).

Titulación adicional segundo a rama de coñecemento

Titulación adicional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Estudos de mestrado universitario

Catro en cada dez graduados/as (40,5%) realizou un mestrado universitario, máis graduados (42,4%) que graduadas (39,2%).

Estudos de mestrado universitario segundo a rama de coñecemento

Estudos de mestrado universitario segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Situación das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2021/2022 na altura de responder a enquisa: mercado de traballo, estudan e/ou preparan oposicións.

Situación do mercado de traballo

O 68,8% de persoas graduadas durante o curso 2021/2022 traballaba na altura de responder a enquisa, o 11,4% procuraba emprego e o restante 19,8% estaba na inactividade.

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Cursa estudos universitarios

Tipo de estudos universitarios que cursa

Prepara oposicións

Este apartado aborda dúas cuestións sobre a procura de emprego: o tempo de procura de traballo das persoas desempregadas na altura de responder a enquisa e o tempo en arranxar emprego logo de graduarse na UVigo no curso 2021/2022.

Tempo de procura de emprego

O tempo medio de procura de emprego é de 9,04 meses, sendo maior en homes (11,58) que en mulleres (8,34).

Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo de procura de emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Tempo en atopar emprego

O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de grao no curso 2021/2022 até arranxar emprego foi de 5,39 meses, sendo máis alto en mulleres (6,08 meses) que en homes (4,44 meses).

Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo en atopar emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Este apartado avalía as características do traballo actual das persoas graduadas no curso 2021/2022 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, tipo de contrato, categoría profesional e ingresos.

Lugar do traballo

A maioría (77,9%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (18,3%) e no estranxeiro (3,8%). Existen diferenzas significativas entre a emigración feminina (19,4%) e masculina (25,6%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Modalidade de contratación

A esmagadora maioría de graduados/as (95,4%) son asalariados/as, máis homes (97,6%) que mulleres (93,6%).

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Tipo de contrato

Entre as persoas graduadas que traballan por conta allea predominan os contratos indefinidos (58,7%) contra a eventualidade laboral (41,3%), gozando de máis estabilidade homes (64,2%) que mulleres (53,9%).

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Categoría profesional

O 86,9% de graduados/as empregados desenvolven funcións de nivel universitario no seu posto de traballo (93,3% homes contra 81,7% mulleres).

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Ingresos

Os ingresos netos mensais medianos das persoas graduadas que traballan son de 1349,18€, cunha fenda salarial feminina de 13,87% (175,83€). Os ingresos netos mensais medios ascenden a 1399,80€ (1516,81€ homes contra 1304,82€ mulleres)

Ingresos segundo a rama de coñecemento

Ingresos segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e os estudos realizados

Para unha maioría de 74,1% o posto de traballo actual está relacionado cos contidos específicos dos estudos de grao realizados na UVigo no curso 2021/2022. Polo contrario, para o 8,7% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados.

Adecuacion temática do traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento

Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo

A sobrecualificación afecta ao 27,6% de persoas graduadas no curso 2021/2022, sendo máis frecuente en mulleres (32,7%) que en homes (21,3%).

Adecuación das funcións ao traballo segundo a rama de coñecemento

Adecuación das funcións ao traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo no curso 2021/2022

Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, en que 1 significa “moi insatisfactorio”, 2 “insatisfactorio”, 3 “aceptábel”, 4 “satisfactorio” e 5 “moi satisfactorio”, o nivel de satisfacción medio é de 3,69, mostrándose máis satisfeitas as mulleres.

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados
Visualizar / baixar datos

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo

Nunha escala de 1 a 5, os titulados/as inquiridos mostraron un nivel de satisfacción medio de 3,62 relativamente á recomendación dos estudos de grao realizados na UVigo, sendo maior en mulleres.

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo
Visualizar / baixar datos

Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2021/2022

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso académico 2021/2022.

Este apartado recolle os principais resultados sobre o sexo e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de mestrado da UVigo no curso 2021/2022.

Sexo

Na mostra avaliada existe paridade de xénero, cun 56,5% de mulleres contra 43,5% de homes.

Lugar de residencia actual

A maioría de persoas tituladas (84,7%) reside en Galicia, contra outras comunidades autónomas (8,3%) e o estranxeiro (7,0%).

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Ramas de coñecemento

Predominan os estudos de mestrado da rama Xurídico-Social (46,2%), seguida pola Tecnolóxica (29,2%). A máis distancia destacan a Científica (15,3%), Artes e Humanidades (6,3%) e, en menor proporción, Ciencias da Saúde (3,0%).

Rama de coñecemento segundo o sexo

Estudos de mestrado realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos

Motivacións para realizar o mestrado

Motivacións para realizar o mestrado segundo a rama de coñecemento

Este apartado aborda a experiencia laboral previa á realización dos estudos de mestrado e a situación laboral na altura de comezar a realizar os estudos de mestrado na UVigo.

Experiencia laboral previa á realización do mestrado

Experiencia laboral previa ao mestrado segundo a rama de coñecemento

Experiencia laboral previa segundo os estudos de mestrado realizados
Visualizar / baixar datos

Actividade laboral na altura de iniciar os estudos de mestrado

Actividade laboral na altura de iniciar os estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento

Actividade laboral na altura de iniciar o mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos

Situación das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2021/2022 na altura de responder a enquisa: mercado de traballo, estudan e/ou preparan oposicións.

Situación do mercado de traballo

O 77,4% das persoas tituladas no curso 2021/2022 traballaba na altura de responder a enquisa, o 9,6% procuraba emprego e o restante 13,0% estaba na inactividade.

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Cursa estudos universitarios

Tipo de estudos universitarios que cursa

Prepara oposicións

Este apartado aborda dúas cuestións sobre a procura de emprego: o tempo de procura de traballo das persoas desempregadas na altura de responder a enquisa e o tempo en atopar emprego desde a finalización do mestrado.

Tempo de procura de emprego

O tempo medio de procura de emprego é de 7,78 meses, sendo case un mes superior en mulleres (8,27 contra 7,17 meses).

Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo de procura de emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Tempo en atopar emprego

O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de mestrado no curso 2021/2022 até encontrar emprego foi de 3,87 meses, levemente máis alto en mulleres (4,06 contra 3,61 meses).

Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo en atopar emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Este apartado avalía as características do traballo actual das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2021/2022 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, tipo de contrato, categoría profesional e ingresos.

Lugar do traballo

A maioría (77,6%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (12,1%) e o estranxeiro (10,3%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Modalidade de contratación

A maioría dos titulados/as (94,1%) traballa por conta allea contra o 5,9% por conta propia, sen diferenzas significativas na taxa de emprendemento por sexo.

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Tipo de contrato

Entre as persoas tituladas que traballan por conta allea predominan os contratos de duración indefinida (69,9%) contra unha eventualidade laboral (29,6%).

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Categoría profesional

O 91,4% das persoas tituladas empregadas desenvolven funcións de nível universitario no seu posto de traballo, con diferenzas significativas por sexo. A responsabilidade sobre outras persoas (15,5%) é máis frecuente en homes (20,2% contra 11,7%).

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Ingresos

O ingresos netos mensais medianos das persoas tituladas que traballan son de 1443,45€, cunha fenda salarial feminina de 16,94% (275,45€). Os ingresos netos mensais medios ascenden a 1553,08€ (1731,98€ homes contra 1423,69€ mulleres).

Ingresos segundo a rama de coñecemento

Ingresos segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e os estudos realizados

Para unha maioría de 69,6% o actual posto de traballo está relacionado cos contidos específicos dos estudos de mestrado realizados na UVigo no curso 2021/2022. Polo contrario, para o 14,3% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados, afectando máis a mulleres que a homes.

Adecuación temática do traballo actual segundo a rama de coñecemento

Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e o nível académico adquirido na UVigo

A sobrecualificación das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2021/2022 é do 26,1%, afectando significativamente máis ás mulleres (30,5% contra 20,6%).

Adecuación das funcións ao traballo segundo a rama de coñecemento

Adecuación das funcións ao traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Neste apartado é abordado o nível de satisfacción dos titulados/as en mestrado da UVigo no curso 2021/2022 co seu itinerario académico a partir de dúas perspectivas: a satisfacción global cos estudos de mestrado escollidos e se recomendaría eses estudos realizados na UVigo.

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado realizados na UVigo no curso 2021/2022

Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa “moi insatisfactorio”, 2 “insatisfactorio”, 3 “aceptábel”, 4 “satisfactorio” e 5 “moi satisfactorio”, o nivel de satisfacción medio é de 3,66, sen diferenzas significativas entre homes e mulleres.

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo

Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, os titulados/as inquiridos mostraron un nível de satisfacción medio de 3,51 relativamente á recomendación dos estudos de mestrado realizados na UVigo, sen diferenzas significativas por sexos.

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo
Visualizar / baixar datos

Inserción laboral e satisfacción das persoas tituladas cos programas de doutoramento da UVigo no curso 2021/2022

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral e de satisfacción cos programas de doutoramento realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de doutoramento no curso académico 2021/2022.

Este apartado recolle os principais resultados sobre o sexo e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de doutoramento da UVigo no curso 2021/2022.

Sexo

Na mostra avaliada, consoante coa poboación obxecto de estudo, existe paridade de xénero, con 56,3% mulleres e 43,7% homes.

Lugar de residencia actual

A maioría de doutores/as entrevistados reside actualmente en Galicia (72,4%), duplicando a proporción no estranxeiro (18,4%) que noutras comunidades autónomas (9,2%). O 13,8% de doutores/as inquiridos é de orixe internacional.

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Ramas de coñecemento

Predominan as persoas graduadas das ramas Científica (32,2%), Xurídico-Social e en Artes e Humanidades (23,0% ambas) e Tecnolóxica (21,8%).

Rama de coñecemento segundo o sexo

Estudos de doutoramento realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos

Modalidade de acceso aos estudos de doutoramento

Este apartado aborda a experiencia laboral previa á realización dos estudos de doutoramento e a situación laboral durante os estudos de terceiro ciclo na UVigo.

Experiencia laboral previa á realización do doutoramento

Experiencia laboral previa ao doutoramento segundo a rama de coñecemento

Experiencia laboral previa segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Fontes de financiamento durante os estudos de doutoramento

Fontes de financiamento segundo a rama de coñecemento

Fontes de financiamento segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Situación do mercado de traballo das persoas tituladas da UVigo en estudos de doutoramento no curso 2021/2022 na altura de responder a enquisa.

Situación do mercado de traballo

A inmensa maioría de doutores/as (89,7%) estaba a traballar, o 8,0% a procurar emprego e o restante 2,3% inactivo, sendo significativamente superior a taxa de ocupación masculina (97,4% contra 83,7%).

Situación do mercado de traballo segundo a procedencia

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Este apartado aborda dúas cuestións sobre a procura de emprego: o tempo de procura de traballo das persoas desempregadas na altura de responder a enquisa e o tempo en atopar emprego desde a finalización do doutoramento.

Tempo de procura de emprego

O tempo medio de procura de emprego dos doutores/as desempregados na altura de responder a enquisa é de 22,00 meses, maior en mulleres.

Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo de procura de emprego segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Tempo en atopar emprego

O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de doutoramento no curso 2021/2022 até encontrar emprego foi de 2,48 meses, sendo levemente maior en mulleres.

Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo en atopar emprego segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Este apartado avalía as características do traballo actual das persoas tituladas en estudos de doutoramento no curso 2021/2022 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, tipo de contrato, tipo de traballo, categoría profesional e ingresos.

Lugar do traballo

A maioría (73,1%) traballa en Galicia, seguido polo estranxeiro (17,9%) e outra comunidade autónoma (9,0%). A mobilidade profesional afecta significativamente máis aos homes (32,4% contra 22,0%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Modalidade de contratación

A inmensa maioría de doutores/as (91,0%) traballa por conta allea contra o 9,0% por conta propia, cunha taxa de emprendemento feminino significativamente superior.

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Tipo de contrato

Entre os doutores/as asalariados predomina a estabilidade laboral (52,2%), afectando a eventualidade á maioría de mulleres (59,9% contra 36,1%).

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Tipo de traballo

A maioría de doutores/as traballa na universidade (52,6%), 23,1% nunha institución/organismo público, 15,4% nunha empresa/entidade privada e 9,0% nun centro, laboratorio ou instituto de investigación non universitario. A maioría (67,8%) traballa no sector público, sen diferenzas significativas entre mulleres e homes.

Tipo de traballo segundo o lugar do traballo

Tipo de traballo segundo a rama de coñecemento

Tipo de traballo segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Categoría profesional

O 29,5% de doutores/as graduados da UVigo no curso 2021/2022 ten responsabilidade sobre outras persoas, máis os doutoras (34,2%) que as doutores (24,3%).

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Ingresos

A mediana dos ingresos netos mensais é de 1889,11€, cunha fenda salarial feminina de 8,88% (174,65€). Os ingresos medios ascenden a 2047,80€, maiores en homes (2197,72€) que en mulleres (1878,24€).

Ingresos segundo a rama de coñecemento

Ingresos segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Adecuación temática do traballo actual

Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa “moi insatisfactorio”, 2 “insatisfactorio”, 3 “aceptábel”, 4 “satisfactorio” e 5 “moi satisfactorio”, a satisfacción coa relación do traballo actual co contido do programa de doutoramento é de 3,86, sen diferenzas por sexo.

Satisfacción coa adecuación temática do traballo actual segundo a rama de coñecemento

Satisfacción coa adecuación temática do traballo actual segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Adecuación das funcións ao traballo

A maioría de doutores/as (53,8%) realiza funcións propias do nivel de doutoramento. O 43,6% son persoas graduadas sobrecualificadas, pois desenvolven funcións de nivel inferior ás propias do nivel de doutorado.

Adecuación das funcións ao traballo segundo a rama de coñecemento

Adecuación das funcións ao traballo segundo o programa de doutoramento
Visualizar / baixar datos

Neste apartado é abordado o nível de satisfacción dos titulados/as en doutoramento da UVigo no curso 2021/2022 co seu itinerario académico a partir de dúas perspectivas: a satisfacción global co programa de doutoramento realizado e se recomendaría eses estudos realizados na UVigo.

Nivel de satisfacción global co programa de doutoramento realizado na UVigo no curso 2021/2022

Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa “moi insatisfactorio”, 2 “insatisfactorio”, 3 “aceptábel”, 4 “satisfactorio” e 5 “moi satisfactorio”, o nivel de satisfacción medio co programa de doutoramento é de 3,89, sendo levemente superior en mulleres.

Nivel de satisfacción global co programa de doutoramento segundo a rama de coñecemento

Nivel de satisfacción global co programa de doutoramento segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos

Recomendaría a realización do programa de doutoramento na UVigo

Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, os doutores/as inquiridos mostraron un nivel de satisfacción medio de 3,92 coa recomendación da realización do programa de doutoramento avaliado, superando a referida por mulleres.

Recomendaría o programa de doutoramento realizado na UVigo segundo a rama de coñecemento

Recomendaría o programa de doutoramento realizado na UVigo
Visualizar / baixar datos