As persoas que viven en Galicia constitúen o 82,8% dos rexistros da base de datos do Observatorio. As cidades galegas con máis persoas tituladas da UVigo son Vigo (33,8%), Ourense (11,4%) e Pontevedra (7,0%), seguidas pola Coruña (4,1%) e Santiago de Compostela (2,8%).

Outros concellos con presenza significativa de egresados/as son Cangas e O Porriño (1,7% ambos), Redondela (1,5%), Ponteareas (1,3%), Vilagarcía de Arousa, Moaña, Nigrán, Lugo e Marín (1,2% cada un), seguido por Mos e Tui (1,0% ambos).

Na provincia de Ourense destacan O Carballiño (0,8%), Barbadás e O Barco de Valdeorras (0,5% ambos), Xinzo de Limia, Allariz e Verín (0,4% cada un).

 

 

Voltar ao localizador