O presente cuestionario ten por obxecto identificar a inserción laboral das persoas tituladas da Universidade de Vigo das promocións comprendidas entre o curso 2015/16 e 2017/18 a fin de coñecer a súa situación profesional.
A enquisa consta de dous bloques:
- Información académica
- Información laboral actual
En función das túas respostas serás encamiñado/a para as seccións do cuestionario que correspondan, de modo que non todas as persoas inquiridas responderán o cuestionario completo.
Agradecemos a túa colaboración.