O Observatorio de Persoas Tituladas levou a cabo durante o ano 2025 o presente informe sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais da UVigo. O estudo, impulsado polo Consello Social, é único e pioneiro por ser representativo da empregabilidade de todas as promocións desde a creación da universidade no curso 1989/1990 até o curso académico 2023/2024.

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados do estudo de inserción laboral da poboación de persoas tituladas que realizaron estudos oficiais na UVigo entre 1990 e 2024.

Este apartado mostra os principais resultados sobre o sexo, lugar de procedencia e lugar de residencia actual das persoas tituladas entre 1990 e 2024.

Xénero

Con paridade de xénero da mostra avaliada, a maioría de persoas tituladas que respondeu a enquisa son mulleres (59,6%).

Lugar de procedencia

A inmensa maioría de antigos estudantes procedía de Galicia (96,2%), o 2,7% era orixinario doutra comunidade autónoma e o 1,1% era internacional.

Lugar de procedencia de Galicia por provincias

Lugar de procedencia de Galicia por comarcas

Lugar de procedencia de Galicia por concellos

Lugar de procedencia doutras comunidades autónomas

Lugar de procedencia doutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de procedencia do resto do mundo por países

Lugar de residencia actual

A maioría de persoas tituladas da UVigo entre 1990 e 2024 residen en Galicia (78,4%), o 13,0% noutras comunidades autónomas e o 8,6% no estranxeiro.

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por comarcas

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia en Galicia por parroquias

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Rama de coñecemento

Predominan os antigos estudantes con estudos da titulación principal nas ramas Xurídico-Social (46,6%) e Tecnolóxica (26,3%), seguidas pola Científica (10,9%) e Artes e Humanidades (10,3%), ben como en Ciencias da Saúde (6,0%).

Rama de coñecemento segundo o sexo

Tipoloxía de estudos da titulación principal

Este apartado aborda a situación das persoas tituladas en estudos oficiais da UVigo entre 1990 e 2024 no tocante ao mercado de traballo: emprego, desemprego e inactividade.

  • Emprego: Suma da porcentaxe de persoas tituladas empregadas por conta allea no sector público e empresa privada, traballo autónomo e empresarios/as ou titulares dunha empresa.
  • Desemprego: Persoas tituladas desempregadas e que procuraban emprego a 1/1/2025.
  • Inactividade: Suma da porcentaxe das persoas tituladas a preparar oposicións e/ou estudar a tempo completo, xubiladas, pensionistas, coidado familiar ou con discapacidade.

Situación do mercado de traballo a nivel global e por sexo

Situación do mercado de traballo segundo a promoción académica

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo a tipoloxía de estudos

Esta parte avalía as características do posto de traballo das persoas tituladas en estudos oficiais da UVigo entre 1990 e 2024 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, réxime de traballo, tipo de contrato, tipo de xornada e ingresos.

Lugar do traballo

A maioría (74,7%) traballa en Galicia, seguido por outras comunidades autónomas (15,3%) e o estranxeiro (10,0%). A emigración masculina (29,6%) supera á feminina (22,4%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por comarcas

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a promoción académica

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo a tipoloxía de estudos

Modalidade de contratación

A inmensa maioría de antigos estudantes da UVigo (92,5%) traballa por conta allea contra o 7,5% por conta propia, sen diferenzas significativas por sexo.

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a promoción académica

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo a tipoloxía de estudos

Tipo de contrato

A estabilidade laboral (84,9%) é máis frecuente en homes (87,5%) que en mulleres (83,2%), entre as cales a eventualidade afecta ao 16,5% contra 12,4%.

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a promoción académica

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo a tipoloxía de estudos

Tipo de xornada

O 92,7% das persoas tituladas asalariadas traballa a tempo completo, afectando máis a parcialidade ás mulleres (10,1% contra 3,4%).

Tipo de xornada segundo o lugar do traballo

Tipo de xornada segundo a promoción académica

Tipo de xornada segundo a rama de coñecemento

Tipo de xornada segundo a tipoloxía de estudos

Ingresos

As persoas tituladas inquiridas teñen uns ingresos medios de 2388,34€ netos mensais. A maioría (53,2%) recibe uns ingresos mensais superiores a 2000€, 4,9% menos de 1000€ e apenas 6,5% ingresa máis de 4000€.

Ingresos segundo o lugar do traballo

Ingresos segundo a promoción académica

Ingresos segundo a rama de coñecemento

Ingresos segundo a tipoloxía de estudos

Valoración do posto de traballo das persoas tituladas en función da súa adecuación temática a respecto dos estudos da titulación principal realizada e da relación entre as exixencias profesionais do seu emprego e o nivel académico adquirido na UVigo.

Adecuación temática ao emprego

Para o 74,9% o emprego está relacionado cos contidos específicos da titulación principal realizada na UVigo entre os cursos 1989/1990 e 2023/2024.

Adecuación temática ao emprego segundo o lugar do traballo

Adecuación temática ao emprego segundo a promoción académica

Adecuación temática ao emprego segundo a rama de coñecemento

Adecuación temática ao emprego segundo a tipoloxía de estudos

Adecuación das funcións ao emprego

A sobrecualificación afecta ao 19,0% das persoas tituladas, sendo máis frecuente en mulleres (21,4% contra 15,6%).

Adecuación das funcións ao emprego segundo o lugar do traballo

Adecuación das funcións ao emprego segundo a promoción académica

Adecuación das funcións ao emprego segundo a rama de coñecemento

Adecuación das funcións ao emprego segundo a tipoloxía de estudos

Satisfacción global, nunha escala de 1-5, das persoas tituladas cos estudos da titulación principal realizados na UVigo e coa súa contribución á melloría da inserción laboral.

Satisfacción global cos estudos realizados na UVigo

O nivel de satisfacción medio cos estudos da titulación principal realizados na UVigo é de 3,75, sen diferenzas entre homes e mulleres.


Satisfacción global cos estudos realizados na UVigo segundo a promoción académica

Satisfacción global cos estudos realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Satisfacción global cos estudos realizados na UVigo segundo a tipoloxía de estudos

Satisfacción coa inserción laboral

O nivel de satisfacción coa melloría da inserción laboral achegada polos estudos da titulación principal realizados na UVigo é de 3,67, sendo maior en homes (3,81) que en mulleres (3,58).

Satisfacción coa inserción laboral segundo a promoción académica

Satisfacción coa inserción laboral segundo a rama de coñecemento

Satisfacción coa inserción laboral segundo a tipoloxía de estudos