A creación da Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo materializouse no Claustro da Universidade de Vigo celebrado o 16 de outubro de 2020 co obxectivo estratéxico da apertura da formación permanente á sociedade mediante unha oferta de títulos propios coordinada, de calidade e adaptada á demanda co fin último de xerar novas oportunidades profesionais e persoais.

A EAFP xestiona unha oferta de ensinanzas propias vinculadas ás necesidades e demandas da sociedade, complementando os estudos oficiais, deseñando programas educativos que favorezan a empregabilidade, a reciclaxe e a promoción profesional das persoas traballadoras, xerando convenios de formación con empresas ou institucións externas e detectando e atendendo as necesidades formativas do persoal docente da Universidade de Vigo.

Títulos propios

Formación orientada á especialización profesional nunha área concreta que facilite a adquisición de coñecementos en contornas de evolución constante

Máis información

Programa Universitario de Maiores

Oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, teñan inquietudes por continuar a súa formación.

Máis información

Aulas Abertas

Formación telemática gratuita e aberta a todas as persoas e niveis.

Máis información

Formación e Innovación Educativa

Formación destinada ao PDI universitario.

Máis información