Europa
O 75% das persoas tituladas emigradas ao estranxeiro residen en 26 países europeos, destacando o Reino Unido (31,9%) e Alemaña (23,1%). A mais distancia, están Portugal (12,9%) e Francia (11,8%), seguidos pola Suíza (6,7%), Países Baixos (4,9%), República da Irlanda (4,65) e Bélxica (4,2%).
As cidades con máis antigos estudantes da UVigo son Londres (65 persoas), Berlín (20), París (17), Porto e Munique (18 ambas), Bruxelas e Dublín (15 ambas), Amsterdan (10) e Lisboa (10 ambas).
Distribución de persoas tituladas por Estados federados
Distribución de persoas tituladas por Rexións NUTS 2
Distribución de persoas tituladas por distritos
Distribución de persoas tituladas por concellos
Distribución de persoas tituladas por Rexións
Distribución de persoas tituladas por departamentos
América
No resto do mundo destacan os países do continente americano. Os países con máis persoas tituladas da UVigo son os Estados Unidos da América (6,9%), México (4,4%) e Brasil (4,1%), seguidos pola Arxentina (3,1%), Perú (2,8%), Chile (2,6%), Colombia (2,4%) e Canadá (1,8%).