Informe de inserción laboral 2005-2010
Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo. Promocións de 2005-2010

Este informe avalía a situación profesional de 3986 persoas tituladas da UVIGO entre 2005 e 2010 que responderon unha enquisa sobre a súa situación profesional.

 

Resultados globais

As mulleres son a maioría (61 %) da mostra obtida nos ámbitos das ciencias da saúde (85 %), artes e humanidades (77 %), xurídico-social (71 %) e científico (67 %). No ámbito tecnolóxico predomina a presenza masculina (69 %).

 

Ámbitos académicos

Predominan os ámbitos xurídico-social (44 %) e tecnolóxico (31 %), seguidos por artes e humanidades e científico (10 % ambos) e das ciencias da saúde (5 %).

 

Tipoloxía de estudos

Detéctase un incremento da proporción de persoas que realizaron un mestrado: pasou do 0,5 % en 2006 ao 30 % en 2010.

 

Taxa de ocupación

O 79 % das persoas inquiridas están traballando no momento de realizar a enquisa (77 % en Galicia, 81 % noutra comunidade autónoma e 90 % no estranxeiro).

O desemprego afecta ao 18 % das persoas inquiridas (21 % de mulleres contra 13 % de homes). Por ámbitos académicos, o máximo rexístrase nas ciencias da saúde (24,0 %) e o mínimo no tecnolóxico (12 %).

As persoas tituladas residentes en Galicia sofren os máis altos índices de desemprego.

O tempo medio de procura de emprego é de 13,89 meses e é superior o das mulleres (13,96) que o dos homes (13,72).

 

Situación laboral

A maioría (52 %) traballa por conta allea na empresa privada, o 18 % para a administración pública, un 7 % como traballadores/as autónomos/as e 2 % como empresarios/as ou titulares dunha empresa.

Situación laboral das persoas tituladas

As persoas tituladas residentes en Galicia presentan unha menor proporción de traballadores/as autónomos e de empresarios/as.

 

Lugar de traballo

O 85 % das persoas tituladas traballan en Galicia, o 5 % noutras comunidades autónomas e un 10 % en 37 países do estranxeiro dos cinco continentes.

Entre os países estranxeiros destacan o Reino Unido (21%), Alemaña (18 %), Francia e Portugal (8 % ambos).

O 82 % traballaba nas provincias de Pontevedra e Ourense (sedes dos tres campus da universidade). Destaca, por municipios, Vigo (28 %), Ourense (14 %), Pontevedra (6 %) e A Coruña (2 %).

As titulacións con máis persoas tituladas que traballan no estranxeiro son Ciencias do Mar (20 %), Química e Filoloxía Galega (17 % ambas), Enxeñaría de Telecomunicación (16 %), Enxeñaría de Minas (15 %) e Tradución e Interpretación (14 %).

En función da titulación, as persoas tituladas exercen preferentemente os seus coñecementos en distintos países: Alemaña (predominio das enxeñarías Industrial e de Telecomunicación, Ciencias do Mar e Química), México (Ciencias do Mar), Noruega (Ciencias do Mar e Enxeñaría Industrial), Irlanda (Ciencias do Mar), Estados Unidos (Enxeñaría de Telecomunicación), Reino Unido (Enxeñarías de Telecomunicación, Industrial e de Minas, Tradución e Interpretación, Publicidade e Relacións Públicas).

 

Rama de actividade

O 70 % traballa en empresas ou organismos privados e o 25 % no sector público. Neste caso, a proporción de mulleres que traballa no ámbito público (28 %) tamén supera a de homes (21 %).

 

Modalidade de contratación e tipo de contrato

O 54 % ten un contrato de duración indefinida, o 18 % un contrato de duración definida (temporal) e un 11 % por obra ou servizo.

Modalidade de contratación e tipo de contrato

 

Categoría profesional

O 9 % son altos directivos e o 21 % mandos intermedios.

Categoría profesional das persoas tituladas

A proporción de homes con funcións directivas supera á de mulleres (11 % contra 7 %) e a de mulleres con empregos non cualificados duplica á de homes (10 % contra 5 %).

 

Tamaño das empresas

Predominan as persoas tituladas que desenvolven a súa actividade profesional nunha grande empresa (40 %), seguido pola microempresa (23 %), pequena empresa (21 %) e mediana empresa (17 %).

Tamaño das empresas

Entre as persoas que traballan en Galicia predominan as microempresas (49 %), mentres que o tamaño das organizacións é maior cando traballan noutra comunidade autónoma ou no estranxeiro.