Ministerio de Educación

Informes QEDU

Os datos de inserción laboral son do alumnado universitario en estudos de primeiro e segundo ciclo que están de alta na Seguridade Social no mes de marzo de cada ano.

Consulta os informes

 

Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU)

O Ministerio de Educación, co fin de analizar o fenómeno da inserción laboral das persoas tituladas universitarias, realiza estudos deste colectivo desde a perspectiva da afiliación á Seguridade Social. Neles, preséntase toda a información desagregada por universidade e pola titulación.

Para levar a cabo estes estudos, colabora a Tesouraría da Seguridade Social, que achegou os datos anónimos sobre a situación laboral da promoción universitaria. Obtivéronse os seguintes indicadores:

  • Taxa de afiliación (altas na Seguridade Social nun momento determinado)
  • Porcentaxe de egresados/as que pertencen ao réxime especial de autónomos
  • Tipo de contrato
  • Xornada laboral
  • Grupo de cotización ao que pertencen (agrupado en universitario, medio e baixo-manual)

Unha grande parte da información está dispoñible na web do Ministerio:

Estatísticas universitarias

Informes e Infografías

 

Se non encontra o que procura, contacte connosco a través do seguinte correo.