Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2019/2020
Presentación de resultados
A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso académico 2019/2020.
Este apartado recolle os principais resultados sobre o xénero e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de grao da UVigo no curso 2019/2020..
Sexo
A mostra avaliada é paritaria (59,5% de mulleres e 40,5% de homes), ao igual que a poboación (57,8% e 42,2%, respectivamente).
Lugar de residencia actual
A maioría de persoas tituladas (83,9%) reside actualmente en Galicia contra outras comunidades autónomas (11,9%) e o resto do mundo (4,2%).
Lugar de residencia en Galicia por provincias
Lugar de residencia en Galicia por concellos
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias
Ramas de coñecemento
Predominan as persoas tituladas en estudos de grao nas ramas Xurídico-Social (45,9%) e Tecnolóxica (27,0%), seguidas por Artes e Humanidades (11,0%), Científica (9,3%) e, a máis distancia, en Ciencias da Saúde (6,8%).
Ramas de coñecemento segundo o sexo
Estudos de grao realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos
Titulación adicional
O 5,6% de graduados/as no curso 2019/2020 ten outra titulación universitaria de grao ou de ciclos extinguidos, sen diferenzas significativas entre homes (6,0%) e mulleres (5,2%).
Titulación adicional segundo a rama de coñecemento
Titulación adicional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Estudos de mestrado universitario
Case a metade de graduados/as (43,2%) realizou un mestrado universitario, máis os graduados (47,5%) que as graduadas (40,3%).
Estudos de mestrado universitario segundo a rama de coñecemento
Estudos de mestrado universitario segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Situación do mercado de traballo
O 73,3% de persoas tituladas durante o curso 2019/2020 traballaba no momento da realización da enquisa, o 10,0% procuraba emprego e o restante 16,7% estaba na inactividade
Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia
Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento
Situación do mercado de traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Cursa estudos universitarios
Tipo de estudos universitarios que cursa
Prepara oposicións
Tempo de procura de emprego
O tempo medio de procura de emprego é de 9,00 meses, sendo levemente superior en homes (9,16) que en mulleres (8,91).
Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo de procura de emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Tempo en atopar emprego
O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de grao no curso 2019/2020 até atopar emprego foi de 5,94 meses, sendo máis alto en mulleres (6,49 meses) que en homes (5,14 meses).
Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo en atopar emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Lugar do traballo
A maioría (79,6%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (15,0%) e no estranxeiro (5,4%). Non existen diferenzas significativas entre a emigración feminina (19,5%) e masculina (21,7%).
Lugar do traballo en Galicia por provincias
Lugar do traballo en Galicia por concellos
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar do traballo no resto do mundo por países
Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento
Lugar do traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Modalidade de contratación
A esmagadora maioría de graduados/as (95,2%), sen diferenzas estatisticamente significativas por sexo, traballa por conta allea.
Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo
Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento
Modalidade de contratación segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Tipo de contrato
Entre as persoas graduadas que traballan por conta allea predominan os contratos indefinidos (59,2%) contra a eventualidade laboral (40,8%), sen diferenzas significativas por sexo.
Tipo de contrato segundo o lugar do traballo
Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento
Tipo de contrato segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Categoría profesional
O 91,2% dos graduados/as empregados desenvolven funcións de nivel universitario no seu posto de traballo (95,0% de homes contra 88,5% de mulleres).
Categoría profesional segundo a rama de coñecemento
Categoría profesional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados
Para unha maioría de 77,8% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas da titulación realizada na UVigo no curso 2019/2020. Polo contrario, para o 9,6% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados.
Adecuacion temática do traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo
A sobrecualificación afecta ao 22,4% de persoas graduadas no curso 2019/2020, sendo máis frecuente en mulleres (25,4%) que en homes (18,3%).
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo no curso 2019/2020
Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, en que 1 significa “nada “, 2 “pouco”, 3 “algo”, 4 “bastante” e 5 “moito”, o nivel de satisfacción medio é de 3,58, sen mostrar diferenzas significativas por sexo.
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados
Visualizar / baixar datos
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo
Os titulados/as inquiridos mostraron un nivel de satisfacción medio de 3,57 relativamente á recomendación dos estudos de grao realizados na UVigo, sen diferenzas significativas por sexo.
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo
Visualizar / baixar datos
Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2019/2020
Presentación de resultados
A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso académico 2019/2020.
Sexo
Na mostra avaliada existe sobrerrepresentación feminina, cun 62,2% de mulleres contra 37,9% de homes.
Lugar de residencia actual
A maioría de persoas tituladas (85,0%) reside actualmente en Galicia, contra outras comunidades autónomas (8,2%) e o estranxeiro (6,7%).
Lugar de residencia en Galicia por provincias
Lugar de residencia en Galicia por concellos
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias
Ramas de coñecemento
A maioría realizou estudos de mestrado da rama Xurídico-Social (59,2%), seguida pola Tecnolóxica (16,4%). A máis distancia destacan Artes e Humanidades (10,9%), Científica (10,3%) e, en menor proporción, Ciencias da Saúde (3,2%).
Rama de coñecemento segundo o xénero
Estudos de mestrado realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos
Motivacións para realizar o mestrado
Motivacións para realizar o mestrado segundo a rama de coñecemento
Experiencia laboral previa á realización do mestrado
Experiencia laboral previa ao mestrado segundo a rama de coñecemento
Experiencia laboral previa segundo os estudos de mestrado realizados
Visualizar / baixar datos
Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado
Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento
Actividade laboral no momento de iniciar o mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos
Situación do mercado de traballo
O 76,0% das persoas tituladas no curso 2019/2020 traballaba na altura de responder a enquisa, o 12,6% procuraba emprego e o restante 11,4% estaba na inactividade.
Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia
Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento
Situación do mercado de traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Cursa estudos universitarios
Tipo de estudos universitarios que cursa
Prepara oposicións
Tempo de procura de emprego
O tempo medio de procura de emprego é de 16,36 meses, sendo superior en mulleres (17,10 meses) que en homes (14,64 meses).
Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo de procura de emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Tempo en atopar emprego
O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de mestrado no curso 2019/2020 até encontrar emprego foi de 4,64 meses, sendo máis alto en mulleres (5,08 meses) que en homes (3,91 meses).
Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo en atopar emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Lugar do traballo
A maioría (82,4%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (9,0%) e o estranxeiro (8,6%).
Lugar do traballo en Galicia por provincias
Lugar do traballo en Galicia por concellos
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar do traballo no resto do mundo por países
Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento
Lugar do traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Modalidade de contratación
A maioría dos titulados/as (90,7%) traballa por conta allea contra o 9,3% que traballa por conta propia, sen diferenzas significativas por sexo.
Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo
Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento
Modalidade de contratación segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Tipo de contrato
Entre as persoas tituladas que traballan por conta allea predominan os contratos de duración indefinida (67,6%) contra a eventualidade laboral (32,4%).
Tipo de contrato segundo o lugar do traballo
Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento
Tipo de contrato segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Categoría profesional
O 88,2% das persoas tituladas empregadas desenvolven funcións de nível universitario no seu posto de traballo, sen diferenzas significativas por sexo.
Categoría profesional segundo a rama de coñecemento
Categoría profesional segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados
Para o 56,0% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas do título obtido na UVigo no curso 2019/2020. Polo contrario, para o 21,0% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados, sen diferenzas significativas por sexo.
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Relación entre o traballo actual e o nível académico adquirido na UVigo
A sobrecualificación das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2019/2020 é do 27,0%, sen diferenzas significativas por sexo.
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado realizados na UVigo no curso 2019/2020
Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa “nada”, 2 “pouco”, 3 “algo”, 4 “bastante” e 5 “moito” satisfeito/a, o nivel de satisfacción medio é de 3,59, sendo maior nos homes (3,67) que nas mulleres (3,53).
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo
Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, os titulados/as inquiridos mostraron un nível de satisfacción medio de 3,55 relativamente á recomendación dos estudos de mestrado realizados na UVigo, sendo levemente superior a referida polos homes (3,65) que as mulleres (3,48).
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos