Inicio
Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo
O Observatorio de Persoas Tituladas é un proxecto do Consello Social da Universidade de Vigo creado co propósito de que a universidade realice un seguimento das persoas tituladas e coordine todo o relativo ao antigo estudantado.
Configúrase como un observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo estudantado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral para dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.
Localizamos as persoas tituladas da UVigo
A partir dos diferentes Informes de inserción laboral o Observatorio de Persoas Tituladas conseguiu localizar moitos/as dos antigos estudantes da UVigo espallados polo mundo.
Grazas a que o Consello Social da UVigo ven apostando en analizar a situación profesional do antigo alumnado, a UVigo, a través do Observatorio, é a única universidade galega que conta con esta información.
Actualidade
A UVigo lanza unha macroenquisa para coñecer a situación laboral de máis de 100.000 titulados entre 1990 e 2024
O Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Social, acaba de lanzar unha macroenquisa para coñecer a situación de empregabilidade das e … Continuar
O Observatorio lanza a enquisa para analizar a inserción laboral das persoas tituladas da UVigo nos últimos 35 anos
Xa comezou o traballo de campo da Enquisa de Inserción Laboral 1990-2024, un estudo do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo que anima todos os … Continuar
Enquisa de inserción laboral ás persoas tituladas da UVigo entre 1990 e 2024
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, lanza unha enquisa de inserción laboral aos antigos estudantes en estudos oficiais graduados entre 1990 e 2024
24930 antigos estudantes da UVigo rexistrados na Base de Datos do Observatorio
A Base de Datos de Persoas Tituladas da UVigo alcanzou os 24930 rexistros de antigos estudantes durante o ano 2024
O Observatorio de Persoas Tituladas avalía a inserción laboral dos doutores e doutoras no curso 2021/2022
Co obxectivo de mellorar a calidade dos programas de doutoramento que oferta a UVigo e consecuentemente a formación do seu estudantado, o Observatorio de Persoas … Continuar
As persoas cun título de doutoramento teñen maior taxa de ocupación, tardan menos tempo en atopar traballo e teñen maiores ingresos
As egresadas e egresados da Universidade de Vigo que contan cun título de doutoramento tardan menos tempo en atopar traballo, teñen unha maior taxa de … Continuar
Enquisas de inserción laboral e de satisfacción de doutoramento 2021/2022
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, lanza a enquisa de inserción laboral aos antigos estudantes en estudos de doutoramento no curso 2021/2022
Arranca un novo estudo de empregabilidade do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo
Continúan os traballos sobre empregabilidade do Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo e fano co lanzamento dunha nova enquisa dirixida, nesta ocasión, ás … Continuar
Enquisas de inserción laboral curso 2021/2022
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio e colaboración do Consello Social da UVigo, lanza as enquisas de inserción laboral á promoción de titulados/as que acabaron os seus estudos de grao e mestrado no curso 2021/2022
22125 antigos estudantes da UVigo rexistrados na Base de Datos do Observatorio
A Base de Datos de Persoas Tituladas da UVigo alcanzou os 22125 rexistros de antigos estudantes durante o ano 2023 A nosa Base de … Continuar