Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2019/2020

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso académico 2019/2020.

Este apartado recolle os principais resultados sobre o xénero e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de grao da UVigo no curso 2019/2020..

Sexo

A mostra avaliada é paritaria (59,5% de mulleres e 40,5% de homes), ao igual que a poboación (57,8% e 42,2%, respectivamente).

Lugar de residencia actual

A maioría de persoas tituladas (83,9%) reside actualmente en Galicia contra outras comunidades autónomas (11,9%) e o resto do mundo (4,2%).

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Ramas de coñecemento

Predominan as persoas tituladas en estudos de grao nas ramas Xurídico-Social (45,9%) e Tecnolóxica (27,0%), seguidas por Artes e Humanidades (11,0%), Científica (9,3%) e, a máis distancia, en Ciencias da Saúde (6,8%).

Ramas de coñecemento segundo o sexo

Estudos de grao realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos

Titulación adicional

O 5,6% de graduados/as no curso 2019/2020 ten outra titulación universitaria de grao ou de ciclos extinguidos, sen diferenzas significativas entre homes (6,0%) e mulleres (5,2%).

Titulación adicional segundo a rama de coñecemento

Titulación adicional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Estudos de mestrado universitario

Case a metade de graduados/as (43,2%) realizou un mestrado universitario, máis os graduados (47,5%) que as graduadas (40,3%).

Estudos de mestrado universitario segundo a rama de coñecemento

Estudos de mestrado universitario segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Situación das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2019/2020 no momento de responder a enquisa: mercado de traballo, estudan e/ou preparan oposicións.

Situación do mercado de traballo

O 73,3% de persoas tituladas durante o curso 2019/2020 traballaba no momento da realización da enquisa, o 10,0% procuraba emprego e o restante 16,7% estaba na inactividade

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Cursa estudos universitarios

Tipo de estudos universitarios que cursa

Prepara oposicións

Este apartado aborda dúas cuestións sobre a procura de emprego: o tempo de procura de traballo das persoas desempregadas no momento de responder a enquisa e o tempo en atopar emprego logo de graduarse na UVigo no curso 2019/2020.

Tempo de procura de emprego

O tempo medio de procura de emprego é de 9,00 meses, sendo levemente superior en homes (9,16) que en mulleres (8,91).

Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo de procura de emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Tempo en atopar emprego

O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de grao no curso 2019/2020 até atopar emprego foi de 5,94 meses, sendo máis alto en mulleres (6,49 meses) que en homes (5,14 meses).

Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo en atopar emprego segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Este apartado avalía as características do traballo actual das persoas graduadas no curso 2019/2020 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, tipo de contrato e categoría profesional.

Lugar do traballo

A maioría (79,6%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (15,0%) e no estranxeiro (5,4%). Non existen diferenzas significativas entre a emigración feminina (19,5%) e masculina (21,7%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Modalidade de contratación

A esmagadora maioría de graduados/as (95,2%), sen diferenzas estatisticamente significativas por sexo, traballa por conta allea.

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Tipo de contrato

Entre as persoas graduadas que traballan por conta allea predominan os contratos indefinidos (59,2%) contra a eventualidade laboral (40,8%), sen diferenzas significativas por sexo.

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Categoría profesional

O 91,2% dos graduados/as empregados desenvolven funcións de nivel universitario no seu posto de traballo (95,0% de homes contra 88,5% de mulleres).

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e os estudos realizados

Para unha maioría de 77,8% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas da titulación realizada na UVigo no curso 2019/2020. Polo contrario, para o 9,6% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados.

Adecuacion temática do traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento

Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo

A sobrecualificación afecta ao 22,4% de persoas graduadas no curso 2019/2020, sendo máis frecuente en mulleres (25,4%) que en homes (18,3%).

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de grao
Visualizar / baixar datos

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo no curso 2019/2020

Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, en que 1 significa “nada “, 2 “pouco”, 3 “algo”, 4 “bastante” e 5 “moito”, o nivel de satisfacción medio é de 3,58, sen mostrar diferenzas significativas por sexo.

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados
Visualizar / baixar datos

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo

Os titulados/as inquiridos mostraron un nivel de satisfacción medio de 3,57 relativamente á recomendación dos estudos de grao realizados na UVigo, sen diferenzas significativas por sexo.

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo
Visualizar / baixar datos

Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2019/2020

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso académico 2019/2020.

Este apartado recolle os principais resultados sobre o xénero e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de mestrado da UVigo no curso 2019/2020.

Sexo

Na mostra avaliada existe sobrerrepresentación feminina, cun 62,2% de mulleres contra 37,9% de homes.

Lugar de residencia actual

A maioría de persoas tituladas (85,0%) reside actualmente en Galicia, contra outras comunidades autónomas (8,2%) e o estranxeiro (6,7%).

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Ramas de coñecemento

A maioría realizou estudos de mestrado da rama Xurídico-Social (59,2%), seguida pola Tecnolóxica (16,4%). A máis distancia destacan Artes e Humanidades (10,9%), Científica (10,3%) e, en menor proporción, Ciencias da Saúde (3,2%).

Rama de coñecemento segundo o xénero

Estudos de mestrado realizados segundo o sexo
Visualizar / baixar datos

Motivacións para realizar o mestrado

Motivacións para realizar o mestrado segundo a rama de coñecemento

Este apartado aborda a experiencia laboral previa á realización dos estudos de mestrado e a situación laboral no momento de comezar a realizar os estudos de mestrado na UVigo.

Experiencia laboral previa á realización do mestrado

Experiencia laboral previa ao mestrado segundo a rama de coñecemento

Experiencia laboral previa segundo os estudos de mestrado realizados
Visualizar / baixar datos

Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado

Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento

Actividade laboral no momento de iniciar o mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos

Situación das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2019/2020 no momento de responder a enquisa: mercado de traballo, estudan e/ou preparan oposicións.

Situación do mercado de traballo

O 76,0% das persoas tituladas no curso 2019/2020 traballaba na altura de responder a enquisa, o 12,6% procuraba emprego e o restante 11,4% estaba na inactividade.

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Cursa estudos universitarios

Tipo de estudos universitarios que cursa

Prepara oposicións

Este apartado aborda dúas cuestións sobre a procura de emprego: o tempo de procura de taballo das persoas desempregadas no momento de responder a enquisa e o tempo en atopar emprego desde a finalización do mestrado.

Tempo de procura de emprego

O tempo medio de procura de emprego é de 16,36 meses, sendo superior en mulleres (17,10 meses) que en homes (14,64 meses).

Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo de procura de emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Tempo en atopar emprego

O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de mestrado no curso 2019/2020 até encontrar emprego foi de 4,64 meses, sendo máis alto en mulleres (5,08 meses) que en homes (3,91 meses).

Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento

Tempo en atopar emprego segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Este apartado avalía as características do traballo actual das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2019/2020 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, tipo de contrato e categoría profesional.

Lugar do traballo

A maioría (82,4%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (9,0%) e o estranxeiro (8,6%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Modalidade de contratación

A maioría dos titulados/as (90,7%) traballa por conta allea contra o 9,3% que traballa por conta propia, sen diferenzas significativas por sexo.

Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Tipo de contrato

Entre as persoas tituladas que traballan por conta allea predominan os contratos de duración indefinida (67,6%) contra a eventualidade laboral (32,4%).

Tipo de contrato segundo o lugar do traballo

Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento

Tipo de contrato segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Categoría profesional

O 88,2% das persoas tituladas empregadas desenvolven funcións de nível universitario no seu posto de traballo, sen diferenzas significativas por sexo.

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e os estudos realizados

Para o 56,0% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas do título obtido na UVigo no curso 2019/2020. Polo contrario, para o 21,0% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados, sen diferenzas significativas por sexo.

Relación entre o traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento

Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Relación entre o traballo actual e o nível académico adquirido na UVigo

A sobrecualificación das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2019/2020 é do 27,0%, sen diferenzas significativas por sexo.

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento

Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de mestrado
Visualizar / baixar datos

Neste apartado é abordado o nível de satisfacción dos titulados/as en mestrado da UVigo no curso 2019/2020 co seu itinerario académico a partir de dúas perspectivas: a satisfacción global cos estudos de mestrado escollidos e se recomendaría eses estudos realizados na UVigo.

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado realizados na UVigo no curso 2019/2020

Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa “nada”, 2 “pouco”, 3 “algo”, 4 “bastante” e 5 “moito” satisfeito/a, o nivel de satisfacción medio é de 3,59, sendo maior nos homes (3,67) que nas mulleres (3,53).

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento

Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo

Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, os titulados/as inquiridos mostraron un nível de satisfacción medio de 3,55 relativamente á recomendación dos estudos de mestrado realizados na UVigo, sendo levemente superior a referida polos homes (3,65) que as mulleres (3,48).

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento

Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo os estudos realizados
Visualizar / baixar datos