Estudo sobre o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nas persoas tituladas da UVigo

O obxectivo principal deste Informe é determinar o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nas persoas tituladas da UVigo, independentemente da promoción académica, titulación, lugar de residencia ou de traballo. No período avaliado, entre xaneiro y setembro de 2021, decorreron, de forma sucesiva, a terceira, cuarta e quinta ondas da pandemia.

O estudo estrutúrase en dúas partes:

Resumo do informe

 

Metodoloxía

É definido o proceso metodolóxico utilizado, incluíndo todas as informacións sobre a execución da enquisa aplicada sobre o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nas persoas tituladas da UVigo.

Análise dos resultados da enquisa

Son analizados pormenorizadamente os resultados da enquisa autoaplicada, expresados a partir de 339 cadros, 167 anexos e múltiplos comentarios. Inclúe unha avaliación detallada das respostas en función de diferentes variábeis de segmentación, entre as cales, o xénero, ámbito académico, tipoloxía de estudos, evolución temporal ou campus.

A presentación dos resultados está estruturada nos seguintes apartados:

  • Caracterización da mostra obtida a partir da elaboración dun perfil das persoas tituladas en función dos datos de tipo persoal e académico.
  • Avaliación da situación socio-laboral no inicio da terceira onda da pandemia de Covid-19 en xaneiro de 2021.
  • Características do posto de traballo previo á terceira onda da pandemia en función de variábeis como o lugar de traballo, modalidade de contratación e tipo de contrato, rama de actividade, sector económico, área funcional, categoría profesional ou o tamaño da empresa.
  • Impacto sanitario da pandemia durante o ano 2021 no ámbito laboral a partir da porcentaxe de persoas tituladas que referiu a existencia dalgún caso de contaxio na empresa ou no seu ambiente de traballo.
  • Impacto social da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 no ámbito laboral, analizando a situación socio-laboral en setembro de 2021; isto é, no momento do final da quinta onda, ben como as variacións experimentadas polas taxas de ocupación e desemprego.
  • Impacto da crise por Covid-19 no modo de traballo; isto é, a modalidade de traballo das persoas tituladas durante o ano 2021.
  • Análise da fatiga pandémica; isto é, o impacto provocado pola pandemia no estado de ánimo das persoas tituladas por causa das restricións e situacións creadas pola crise do coronavirus.
  • Percepción das persoas tituladas da UVigo que participaron na enquisa sobre o impacto na economía e o retorno á vella normalidade.