O vindeiro 10 de febreiro a sala de prensa do Edificio Redeiras acolle a presentación dos principais resultados do estudo sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais da UVigo entre os cursos académicos 1989/1990 e 2023/2024. O estudo, realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo durante o ano 2025 coa colaboración do Consello Social, analiza a empregabilidade das 35 promocións de antigos estudantes en toda a historia da UVigo e incorpora unha análise comparativa co contexto profesional, empresarial e territorial a nivel galego, español e europeo.
Presentación do Informe sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais da UVigo entre 1990 e 2024
