O Observatorio de Persoas Tituladas levou a cabo durante o ano 2022 o presente informe sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos de doutoramento da UVigo. O estudo, impulsado polo Consello Social, é único e pioneiro por ser representativo da empregabilidade de todas as promocións desde a creación da universidade até o curso académico 2019/2020.

Para a súa realización o Observatorio contou coa colaboración da Eido (Escola Internacional de Doutoramento da UVigo), da Área de Calidade e do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao da UVigo.

Presentación de resultados

A seguir son presentados os principais resultados do estudo de inserción laboral da poboación de persoas tituladas que realizaron estudos de doutoramento na UVigo entre 1995 e 2020.

Este apartado mostra os principais resultados sobre o xénero e lugar de residencia actual das persoas tituladas en estudos de doutoramento entre 1995 e 2020.

Xénero

A maioría de persoas tituladas en doutoramento da UVigo rexistradas na Base de Datos do Observatorio entre 1995 e 2020 son mulleres (56,4%) contra un 43,6% de homes.

Lugar de residencia

A maioría de doutorados/as da UVigo entre 1995 e 2020 residen en Galicia (69,4%), duplicando a proporción dos que o fan no estranxeiro (20,5%) a outras comunidades autónomas (10,1%).

Lugar de residencia en Galicia por provincias

Lugar de residencia en Galicia por concellos

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas

Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar de residencia no resto do mundo por países

Rama de coñecemento

Predominan os titulados/as da rama Científica (42,8%), seguidos pola Tecnolóxica (22,8%) e Xurídico-Social (22,6%) contra Artes e Humanidades (10,3%) e Ciencias da Saúde (1,6%).

Rama de coñecemento segundo o xénero

Programa de doutoramento

Programa de doutoramento segundo o xénero

Regulación dos estudos de doutoramento

Predominan os estudos segundo o Real Decreto 778/1998 (39,0%), seguidos pola norma actualmente vixente (28,1%), o Real Decreto 1393/2007 (23,4%) e, en menor proporción, o Real Decreto 185/1985 (9,5%).

Regulación dos estudos de doutoramento segundo a rama de coñecemento

Universidade de procedencia

A maioría da mostra avaliada (89,1%) está formada por persoas que realizaron (de forma total ou parcial) estudos universitarios previos na UVigo contra o 10,9% que realizou toda a súa formación de pre-doutoramento noutra(s) universidade(s).

Localización da universidade de procedencia

Universidade de procedencia segundo o programa de doutoramento

Itinerario académico

É a secuencia de titulacións realizadas tanto na UVigo como noutras universidades que configuran o perfil académico de ingreso nos estudos de doutoramento da UVigo.

Itinerarios académicos das persoas tituladas en doutoramento procedentes da UVigo

Itinerarios académicos das persoas tituladas en doutoramento procedentes doutras universidades

Este apartado aborda a situación das persoas tituladas en doutoramento da UVigo entre 1995 e 2020 no tocante ao mercado de traballo: emprego, desemprego e inactividade.

  • Emprego/Taxa de ocupación: Suma da porcentaxe de persoas tituladas que traballan por conta allea no sector público e empresa privada, traballadores/as autónomos e empresarios/as ou titulares dunha empresa.
  • Desemprego/Taxa de desemprego: Persoas tituladas en estudos de doutoramento desempregadas e que procuran emprego.
  • Inactividade/Taxa de inactividade: Suma da porcentaxe das persoas tituladas que preparan oposicións a tempo completo, están xubiladas, pensionistas ou con invalidez e estudan a tempo completo.

Situación do mercado de traballo a nivel global e por xénero

Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia

Situacion do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento

Situación do mercado de traballo segundo a evolución quinquenal

Situación do mercado de traballo segundo a evolución anual

Situación do mercado de traballo segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Situación do mercado de traballo segundo o programa de doutoramento

Esta parte avalía as características do posto de traballo das persoas tituladas en estudos de doutoramento entre 1995 e 2020 e, especificamente, no tocante a variábeis como o lugar do traballo, modalidade de contratación, rama de actividade e categoría profesional.

Lugar do traballo

A maioría das persoas tituladas en doutoramento da UVigo (64,6%) traballa en Galicia contra o 35,4% que o fai fóra da comunidade onde está localizada esta universidade, duplicando o emprego no estranxeiro (23,4%) a outras comunidades autónomas (11,9%). Por xénero é levemente superior o emprego fóra de Galicia masculino (37,9%) que o feminino (33,4%).

Lugar do traballo en Galicia por provincias

Lugar do traballo en Galicia por concellos

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas

Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias

Lugar do traballo no resto do mundo por países

Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento

Lugar do traballo segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Lugar do traballo segundo o programa de doutoramento

Modalidade de contratación

A inmensa maioría de doutorados/as da UVigo (93,8%) traballa por conta allea contra o 6,3% por conta propia, sen diferenzas significativas por xénero.

Modalide de contratación segundo o lugar do traballo

Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento

Modalidade de contratación segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Modalidade de contratación segundo o programa de doutoramento

Rama de actividade

A maioría de persoas tituladas en doutoramento traballan no ámbito público (70,1%), seguido, a máis distancia, pola empresa privada (22,4%) e entidades non lucrativas (7,5%).

Rama de actividade segundo o lugar do traballo

Rama de actividade segundo a rama de coñecemento

Rama de actividade segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Rama de actividade segundo o programa de doutoramento

Categoría profesional

O 99,4% das persoas tituladas en doutoramento da UVigo desenvolve funcións de nivel universitario no seu posto de traballo (99,1% de homes e 99,6% de mulleres), con predominio das categorías de técnicos/as cualificados/as (75,2%) sobre mandos intermedios (18,2%) e directivos/as (6,1%).

Categoría profesional segundo o lugar do traballo

Categoría profesional segundo a rama de coñecemento

Categoría profesional segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Categoría profesional segundo o programa de doutoramento

Valoración do posto de traballo das persoas tituladas en función da súa adecuación temática a respecto dos estudos realizados e da relación entre as exixencias profesionais do seu emprego e o nivel académico adquirido na UVigo.

Relación entre o traballo e os estudos realizados

No 92,5% de casos o emprego está relacionado cos estudos realizados, para o 4,5% existe pouca relación e ningunha para o 2,9%.

Relación entre o traballo e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento

Relación entre o traballo e os estudos realizados segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Relación entre o traballo e os estudos realizados segundo o programa de doutoramento

Relación entre o traballo e o nivel académico adquirido na UVigo

A sobrecualificación afecta ao 15,3% das persoas tituladas, triplicando a feminina (21,6%) á masculina (7,9%).

Relación entre o traballo e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento

Relación entre o traballo e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a regulación dos estudos de doutoramento

Relación entre o traballo e o nivel académico adquirido na UVigo segundo o programa de doutoramento