Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso 2018/2019
Presentación de resultados
A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de grao no curso académico 2018/2019.
Este apartado recolle os principais resultados sobre o xénero e lugar de residencia actual da poboación titulada en estudos oficiais de grao da UVigo no curso 2018/2019.
Xénero
Na mostra avaliada existe sobrerrepresentación feminina (65,7%) a respecto do seu peso na poboación (55,3%).
Lugar de residencia actual
A maioría de persoas tituladas (87,4%) reside actualmente en Galicia, contra outras Comunidades autónomas (9,0%) e o resto do mundo (3,6%).
Lugar de residencia en Galicia por provincias
Lugar de residencia en Galicia por concellos
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar de residencia no resto do mundo por países
Ramas de coñecemento
Destacan as persoas tituladas en estudos de grao da rama Xurídico-Social (45,7%) e Tecnolóxica (23,1%), seguidas por Artes e Humanidades (12,7%), Científica (12,4%) e, a máis distancia, en Ciencias da Saúde (6,1%).
Ramas de coñecemento segundo o xénero
Estudos de grao realizados segundo o xénero
Titulación adicional
O 8,0% dos graduados/as no curso 2018/2019 ten outra titulación universitaria acabada de grao ou de ciclos extinguidos para alén dos estudos de grao polo que foi inquirido, sen diferenzas estatisticamente significativas entre mulleres (8,0%) e homes (7,9%).
Titulación adicional segundo a rama de coñecemento
Titulación adicional segundo os estudos de grao realizados
Estudos de mestrado universitario
Case a metade de graduados/as (43,6%) ten un mestrado universitario. Por xénero, os homes realizaron máis mestrados (46,5%) que as mulleres (42,1%).
Estudos de mestrado universitario segundo a rama de coñecemento
Estudos de mestrado universitario segundo os estudos de grao realizados
Situación do mercado de traballo
O 71,6% de persoas tituladas durante o curso 2018/2019 traballaba no momento da realización da enquisa, o 11,0% procuraba emprego e o restante 17,3% estaba na inactividade.
Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia
Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento
Situación do mercado de traballo segundo os estudos de grao realizados
Cursa estudos universitarios
Tipo de estudos universitarios que cursa
Prepara oposicións
Tempo de procura de emprego
O tempo medio de procura de emprego é de 10,69 meses, sendo levemente superior nos homes que nas mulleres.
Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo de procura de emprego segundo os estudos de grao realizados
Tempo en atopar emprego
O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de grao no curso 2018/2019 até atopar emprego foi de 6,83 meses, sendo máis alto nas mulleres (7,26 meses) que nos homes (6,01 meses).
Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo en atopar emprego segundo os estudos de grao realizados
Lugar do traballo
A maioría (83,2%) traballa en Galicia, seguido por outra comunidade autónoma (12,0%) e no estranxeiro (4,8%). A emigración feminina (14,3%) é significativamente inferior á masculina (21,0%), quer no estranxeiro, quer noutra comunidade autónoma.
Lugar do traballo en Galicia por provincias
Lugar do traballo en Galicia por concellos
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar do traballo no resto do mundo por países
Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento
Lugar do traballo segundo os estudos de grao realizados
Modalidade de contratación
A esmagadora maioría de graduados/as (95,4%) traballa por conta allea, sen diferenzas significativas por xénero.
Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo
Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento
Modalidade de contratación segundo os estudos de grao realizados
Tipo de contrato
Entre as persoas graduadas que traballan por conta allea predomina a eventualidade laboral (53,5%) contra os contratos indefinidos (46,5%). Entre os contratos de duración definida predominan os contratos temporais (27,7%), por obra/servizo (14,1%), en prácticas (7,2%) e bolsas (4,4%).
Tipo de contrato segundo o lugar do traballo
Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento
Tipo de contrato segundo os estudos de grao realizados
Categoría profesional
O 88,4% dos graduados/as que traballan están a desenvolver funcións de nivel universitario no seu traballo (94,1% de homes contra 85,2% de mulleres).
Categoría profesional segundo a rama de coñecemento
Categoría profesional segundo os estudos de grao realizados
Categoría profesional segundo os estudos de grao realizados por xénero
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados
Para unha maioría de 74,1% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas da titulación realizada na UVigo no curso 2018/2019. Polo contrario, para o 11,4% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados.
Adecuacion temática do traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de grao
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de grao por xénero
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo
A sobrecualificación das persoas graduadas no curso 2018/2019 é do 22,7%, sendo máis frecuente nas mulleres (25,9%) que nos homes (17,3%).
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de grao
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo no curso 2018/2019
Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, en que 1 significa "nada ", 2 "pouco", 3 "algo", 4 "bastante" e 5 "moito”, o nivel de satisfacción medio é do 3,50, sendo maior nas mulleres (3,56) que nos homes (3,40).
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Nivel de satisfacción global cos estudos de grao realizados segundo os estudos de grao
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo
Os titulados/as inquiridos mostraron un nivel de satisfacción medio de 3,50 relativamente á recomendación dos estudos de grao realizados na UVigo, sendo levemente superior a referida polas mulleres (3,63) que os homes (3,27).
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Recomendaría os estudos de grao realizados na UVigo segundo os estudos de grao
Inserción laboral das persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso 2018/2019
Presentación de resultados
A seguir son presentados os principais resultados obtidos da enquisa de inserción laboral realizada á poboación de persoas tituladas da UVigo en estudos de mestrado no curso académico 2018/2019.
Xénero
Na mostra avaliada existe paridade de xénero, cun 55,3% de mulleres contra 44,7% de homes.
Lugar de residencia actual
A maioría de persoas tituladas (83,8%) reside actualmente en Galicia, contra o estranxeiro (9,7%) e outras comunidades autónomas (6,5%).
Lugar de residencia en Galicia por provincias
Lugar de residencia en Galicia por concellos
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas
Lugar de residencia noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar de residencia no resto do mundo por países
Ramas de coñecemento
A maioría realizou estudos de mestrado da rama Xurídico-Social (61,8%), seguida pola Tecnolóxica (18,8%) e, a máis distancia, Artes e Humanidades (7,8%), Científica (7,4%) e Ciencias da Saúde (4,2%).
Rama de coñecemento segundo o xénero
Estudos de mestrado realizados segundo o xénero
Motivacións para realizar o mestrado
Motivacións para realizar o mestrado segundo a rama de coñecemento
Experiencia laboral previa á realización do mestrado
Experiencia laboral previa ao mestrado segundo a rama de coñecemento
Experiencia laboral previa segundo os estudos de mestrado realizados
Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado
Actividade laboral no momento de iniciar os estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento
Actividade laboral no momento de iniciar o mestrado segundo os estudos de mestrado realizados
Situación do mercado de traballo
O 82,5% das persoas tituladas durante o curso 2018/2019 traballaba no momento da realización da enquisa, o 8,1% procuraba emprego e o restante 9,4% estaba na inactividade.
Situación do mercado de traballo segundo o lugar de residencia
Situación do mercado de traballo segundo a rama de coñecemento
Situación do mercado de traballo segundo os estudos de mestrado
Cursa estudos universitarios
Tipo de estudos universitarios que cursa
Prepara oposicións
Tempo de procura de emprego
O tempo medio de procura de emprego é de 18,42 meses, sendo superior nos homes (10,90 meses) que nas mulleres (23,79 meses).
Tempo de procura de emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo de procura de emprego segundo os estudos de mestrado
Tempo en atopar emprego
O tempo medio (en meses) transcorrido desde a finalización dos estudos de mestrado no curso 2018/2019 até encontrar emprego foi de 4,43 meses, sendo máis alto nas mulleres (5,31 meses) que nos homes (3,38 meses).
Tempo en atopar emprego segundo a rama de coñecemento
Tempo en atopar emprego segundo os estudos de mestrado
Lugar do traballo
A maioría (82,1%) traballa en Galicia, seguido polo estranxeiro (9,7%) e noutra comunidade autónoma (8,2%).
Lugar do traballo en Galicia por provincias
Lugar do traballo en Galicia por concellos
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas
Lugar do traballo noutras comunidades autónomas por provincias
Lugar do traballo no resto do mundo por países
Lugar do traballo segundo a rama de coñecemento
Lugar do traballo segundo os estudos de mestrado
Modalidade de contratación
A maioría dos titulados/as (88,6%) traballa por conta allea contra o 11,4% que traballa por conta propia, sendo máis frecuente esta modalidade nas mulleres (14,1%) que nos homes (9,3%).
Modalidade de contratación segundo o lugar do traballo
Modalidade de contratación segundo a rama de coñecemento
Modalidade de contratación segundo os estudos de mestrado
Tipo de contrato
Entre as persoas tituladas que traballan por conta allea predominan os contratos de duración indefinida (54,4%) contra a eventualidade (45,6%).
Tipo de contrato segundo o lugar do traballo
Tipo de contrato segundo a rama de coñecemento
Tipo de contrato segundo os estudos de mestrado
Categoría profesional
O 91,3% das persoas tituladas que traballan desenvolven funcións de nível universitario no seu posto de traballo (93,9% de homes contra 89,2% de mulleres).
Categoría profesional segundo a rama de coñecemento
Categoría profesional segundo os estudos de mestrado
Categoría profesional segundo os estudos de mestrado por xénero
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados
Para unha maioría de 56,3% as funcións desempeñadas no seu posto de traballo son específicas do título obtido na UVigo no curso 2018/2019. Polo contrario, para o 18,8% non existe calquera relación entre o emprego actual e os estudos realizados, afectando significativamente máis ás mulleres (24,8%) que aos homes (11,1%)
Relación entre o traballo actual e os estudos realizados segundo a rama de coñecemento
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de mestrado
Adecuación temática do traballo actual segundo os estudos de mestrado realizados por xénero
Relación entre o traballo actual e o nível académico adquirido na UVigo
A sobrecualificación das persoas tituladas en estudos de mestrado no curso 2018/2019 é do 26,1%, sendo moito máis frecuente nas mulleres (32,8%) que nos homes (17,6%).
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo a rama de coñecemento
Relación entre o traballo actual e o nivel académico adquirido na UVigo segundo os estudos de mestrado
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado realizados na UVigo no curso 2018/2019
Nunha escala de 1 a 5, en que 1 significa "nada", 2 "pouco", 3 "algo", 4 "bastante" e 5 "moito" satisfeito/a, o nivel de satisfacción medio é de 3,58, sendo maior nos homes (3,67) que nas mulleres (3,51).
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo a rama de coñecemento
Nivel de satisfacción global cos estudos de mestrado segundo os estudos realizados
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo
Nunha escala de satisfacción de 1 a 5, os titulados/as inquiridos mostraron un nível de satisfacción medio de 3,52 relativamente á recomendación dos estudos de mestrado realizados na UVigo, sendo levemente superior a referida polos homes (3,68) que as mulleres (3,39).
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo a rama de coñecemento
Recomendaría os estudos de mestrado realizados na UVigo segundo os estudos realizados