Ministerio de Educación
Informes QEDU
Os datos de inserción laboral son do alumnado universitario en estudos de primeiro e segundo ciclo que están de alta na Seguridade Social no mes de marzo de cada ano.
Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU)
O Ministerio de Educación, co fin de analizar o fenómeno da inserción laboral das persoas tituladas universitarias, realiza estudos deste colectivo desde a perspectiva da afiliación á Seguridade Social. Neles, preséntase toda a información desagregada por universidade e pola titulación.
Para levar a cabo estes estudos, colabora a Tesouraría da Seguridade Social, que achegou os datos anónimos sobre a situación laboral da promoción universitaria. Obtivéronse os seguintes indicadores:
- Taxa de afiliación (altas na Seguridade Social nun momento determinado)
- Porcentaxe de egresados/as que pertencen ao réxime especial de autónomos
- Tipo de contrato
- Xornada laboral
- Grupo de cotización ao que pertencen (agrupado en universitario, medio e baixo-manual)
Unha grande parte da información está dispoñible na web do Ministerio:
Se non encontra o que procura, contacte connosco a través do seguinte correo.