O Observatorio de Persoas Tituladas lanza un estudo sobre a inserción laboral da promoción 2018/2019

O Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo acaba de pór en marcha coa colaboración do Consello Social un novo estudo. Nesta ocasión, búscase elaborar un informe detallado sobre a inserción laboral das persoas tituladas da Universidade de Vigo en estudos de grao e mestrado universitario no curso académico 2018/2019, é dicir, pasados dous anos da finalización dos seus estudos, un período que desde o observatorio consideran suficiente para abordar unha análise deste tipo “pois son persoas que contan xa con algunha experiencia profesional e teñen tamén certo coñecemento e perspectiva do funcionamento do mercado de traballo da súa titulación”.

Con esta enquisa desde o Observatorio buscan saber como lles foi a estas tituladas e titulados: se traballan ou non, canto tardaron en encontrar emprego e se o seu posto de traballo está relacionado cos estudos realizados ou se, pola contra, procuran emprego, continúan estudos universitarios ou preparan oposicións.

Ler a nova completa no DUVI