Cursos de idiomas

Impartimos cursos cuadrimestrais e intensivos dos seguintes idiomas: inglés, alemán, español para estranxeiros, francés, italiano, portugués, chino, xaponés, lingua de signos española, persa, árabe e ruso. O Centro de Linguas imparte todos os niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

Cursos de preparación de exames oficiais

Cursos específicos de preparación de exames oficiais (DELE, Cambridge, TOEFL). Preparamos para a realización dos distintos niveis dos exames oficiais.

Centro acreditador de ACLES

Realización de exames de acreditación de nivel de idiomas CertAcles:

  • Inglés: niveis B1, B2 e C1
  • Alemán: nivel B1
  • Francés: nivel B1
  • Español: niveis B1 e B2

Centro examinador de DELE

Centro examinador de DELE (Diploma de Español como lingua estranxeira) do Instituto Cervantes (Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2) e centro examinador de TOEFL e IELTS.

Formación a medida

No CDL elaboramos plans académicos específicos e adaptados ás necesidades dos nosos usuarios, empresas e entidades que requiren formación especializada ou fixan obxectivos adaptados á súa organización. Podes coñecer traballos desenvolvidos nesta liña no apartado formación a medida.

 

Visita o CDL