O Observatorio de Persoas Tituladas é un proxecto do Consello Social da Universidade de Vigo creado co propósito de que a universidade realice un seguimento das persoas tituladas e coordine todo o relativo ao antigo estudantado
Configúrase como un observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo estudantado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral para dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.
Por iso, desde a súa posta en marcha, o Observatorio de Persoas Tituladas pretendeu localizar o estudantado titulado desde o ano 1990, cando se fundou a Universidade de Vigo, ata o curso 2014/2015.
A súa aprobación e posta en marcha foi aprobada na sesión ordinaria do pleno do Consello Social do 29 de abril de 2016, visto o informe favorable da Comisión de Actividades e Servizos do 3 de febreiro dese ano.