O Observatorio de Persoas Tituladas ten dous obxectivos principais:
- Ofrecerlle á Universidade de Vigo información oportuna, veraz e actualizada relacionada co antigo estudantado.
- Recompilar, xerar e difundir información relevante sobre o proceso de inserción profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo.
Para acadalos, realiza as seguintes funcións:
- Realizar estudos e enquisas de seguimento de egresados/as.
- Planificar e encamiñar a información institucional ao colectivo egresado.
- Crear e consolidar unha base de datos actualizada por ano de promoción con todas as persoas tituladas.
- Elaborar e difundir informes de inserción laboral que permitan realizar un seguimento permanente da evolución do/a titulado/a e da súa proxección profesional.
- Establecer estratexias de participación e apoiar a realización de eventos académicos, divulgativos, sociais e culturais nos que se integren as persoas tituladas coas temáticas que sexan consideradas de interese.
- Apoiar ás persoas egresadas no ámbito laboral e académico.
- Articular actividades de extensión e de formación permanente coas persoas egresadas.
- Brindar apoio e outras funcións da Vicerreitoría de Estudantes e/ou do Consello Social.