O Observatorio de Persoas Tituladas participa na 2ª edición do FORO EMPREGO

O mércores 19 e xoves 20 de febreiro o Observatorio de Persoas Tituladas estará presente durante a celebración da IIª edición do Foro de Emprego na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo.

Nesta edición, o evento conta coa participación de 35 empresas, gabinetes e institucións. Aínda que este Foro estaba inicialmente pensando para o alumnado do ámbito xurídico-social, “dado o éxito da primeira edición, decidimos ampliar o obxectivo ao resto de estudantes do campus”, explica o decano da facultade, Jorge Falagán Mota, principal impulsor da iniciativa.

Segundo os organizadores, o Foro Emprego é unha oportunidade única de encontro entre os estudantes e as persoas recén tituladas. Tamén para aquelas empresas e institucións en captar e seleccionar os mellores profesionais do futuro. As temáticas que van ser abordadas nas presentacións e charlas previstas no II Foro de Emprego teñen a ver con aspectos como a presentación de marca, orientación laboral, oportunidades laborais e emprendemento.

A programación prevista interesa ás persoas recén tituladas e ao alumnado en aspectos como conseguir o primeiro contacto con grandes marcas e empresas do sector comprometidas co talento e o coñecemento, fomentar e potenciar o autoemprego e emprendemento como saída profesional, oportunidade laboral a curto prazo, habilidades para a excelencia profesional, protocolo empresarial, coaching e emprendemento.

As presentacións de 40 minutos das firmas que asisten ao FORO EMPREGO faranse no Salón de Graos (capacidade de 80 persoas) ou no Salón de Actos (aforamento de 500 persoas), mentres que as chalar de 14 minutos terán lugar no hall de entrada da Facultade.

As persoas que se acheguen ao noso posto poderán coñecer de primeira man tanto os informes de inserción laboral elaborados polo Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo como a campaña “CONECTADOS” e as dúas principais iniciativas que estamos a desenvolver. A primeira delas, destinada a aumentar o número de Antigos Estudantes que se sumen á Rede de Persoas Tituladas http://observatorio.egresados.webs.uvigo.es/observatorio/rede que estamos a configurar. A segunda, a realización dunha enquisa de inserción laboral http://observatorio.egresados.webs.uvigo.es/insercion-laboral/enquisa ás promocións que completaron os seus estudos nos cursos 2015/2016, 2016/2017 e 2017/2018 seguindo o modelo dos estudos publicados.

Toda a información sobre o Foro (horario, programa, participantes,…) pódese consultar na súa Web https://foroempleouvigo.com, onde se pode realizar a inscrición. A realización deste evento é unha oportunidade para coñecer toda a oferta de posgrao desta Facultade do Campus de Vigo que alberga os Graos en Administración e Dirección de Empresas, Economía e o programa de dobre grao ADE-Dereito.

Máis información